InicioM.ambiente e PatrimonioViveiro inicia unha nova loita para erradicar pombas e gaivotas que colonizaron...

Viveiro inicia unha nova loita para erradicar pombas e gaivotas que colonizaron xa o medio urbano

"Así búscase evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles pragas", din desde o concello.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro puxo en marcha, un ano máis, o servizo gratuíto para o control da poboación urbana da gaivota patiamarela e a pomba común para a campaña de nidificación deste ano. Viveiro foi un dos concellos pioneiros en Galicia en prestar este servizo, que inicia en 2021 a súa terceira campaña no municipio.

Segundo apunta o concello nun comunicado, o “obxectivo xeral que persegue este servizo é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Viveiro”, realizando unha correcta xestión da poboación destas aves. “Así búscase evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles pragas e problemas de salubridade pública, á vez que se asegura o benestar desta especie”, engade.

“Este servizo redunda no beneficio tanto da cidadanía como dos animais, garantindo o seu coidado. Esta terceira campaña iníciase tras os éxitos das edicións anteriores, que avalan a satisfacción dos veciños coa iniciativa”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Na campaña de 2020, 214 parellas destas especies foron intervidas, retirándose 341 niños, 576 ovos e 116 polos. Unhas cifras similares á primeira edición da campaña, en 2019, cando se interviñeron 186 parellas e retiráronse 354 niños, 550 ovos e 166 polos retirados.

O servizo busca a redución e desprazamento da poboación de gaivotas que colonizou o medio urbano, facendo uso do mesmo para alimentarse dos refugallos xerados e colonizando os tellados para situar as súas zonas de cría. “Esta situación xera unha serie de problemas para a cidadanía, como ruídos, malos cheiros, danos nos tellados e mesmo ataques ao ser humano”, indica o concello. Así mesmo, preténdese reducir a poboación da pomba común no concello de Viveiro durante o prazo de duración do servizo (2021-24).

ESTUDO POBOACIONAL

O plan de actuación deste ano consistirá nun estudo poboacional inicial da gaivota patiamarela e da pomba común, as cales utilizan o medio urbano durante a época reprodutiva e da súa distribución no centro urbano. Este estudo iniciouse no mes de abril e complementarase durante a campaña de retirada de niños, o que proporcionará unha referencia exacta do problema xerado en Viveiro.

A partir do mes de maio comezarase coa retirada de niños de gaivota, finalizando o control dos tellados con problemas no mes de agosto, realizando un mínimo de dúas visitas a cada tellado afectado, para impedir o nacemento das postas. As intervencións consistirán na visita á propiedade afectada por dous técnicos que procederán a realizar unha revisión ocular do tellado afectado e á retirada dos niños atopados e do seu contido (ovos, pitos). Posteriormente, realizarase o mesmo proceso cun mes de diferenza entre visitas.

Dende o Concello de Viveiro, pídese a máximo colaboración tanto da veciñanza afectada como de quen detecte algún problema dos referidos. “Os resultados do servizo dependerán en gran medida da colaboración da cidadanía, favorecendo a mellora da calidade de vida no municipio e axudando a protexer adecuadamente esta especie”, engade.

As persoas que así o desexen poderán solicitar o servizo a través do teléfono 982562968 ou de Larus Control (empresa concesionaria): 689 838 359 ou laruscontrol@hotmail.com

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...