InicioOrientalBarreirosA Mariña volve presumir de bandeiras azuis en oito dos seus concellos

A Mariña volve presumir de bandeiras azuis en oito dos seus concellos

Hai 18 areais con esta distinción, sendo Foz, con cinco, o de maior número.

Publicada o

- Advertisement -

As praias galegas recibiron este ano un total de 111 bandeiras azuis, o que supón catro máis que as outorgadas o ano pasado, aínda que, en cifra global, Galicia cae ao terceiro posto entre comunidades, superada nestes distintivos tanto pola Comunidade Valenciana, como o pasado ano, como por Andalucía.

Na edición 2021 solicitaron estas distincións 115 praias galegas, unha máis que o ano anterior, e recibíronas 111, catro máis. Correspóndense con 34 municipios, dos que 14 están na Coruña, 12 en Pontevedra e oito en Lugo.

SANXENXO, Á CABEZA

En canto ás provincias galegas, é a de Pontevedra a que obtén, un ano máis, o maior número de bandeiras azuis, con 58 –sobe seis–; seguida da Coruña, con 35 –dous menos– e Lugo, que mantén as 18.

Por municipios, destaca especialmente Sanxenxo, que, con 17 bandeiras azuis ondeando nos seus areais, continúa sendo o municipio de Galicia e de toda España con máis distincións deste tipo.

En Lugo é Foz o municipio con máis bandeiras azuis para as súas praias, un total de cinco. Pola súa banda, tanto Barreiros como Burela teñen tres, O Vicedo e Ribadeo dous –entre elas As Catedrais– e Cervo, Viveiro e Xove unha cada un.

PORTOS DEPORTIVOS

Noutra orde de cousas, tamén obtiveron bandeira azul en Galicia un total de 11 portos deportivos, un menos que o ano anterior, entre eles, o Real Club Náutico de Ribadeo.

Finalmente, foron galardoados 13 ‘centros azuis’ –seis en Pontevedra, catro na Coruña e tres en Lugo–, así como unha vintena de ‘carreiros azuis’ –nove de Pontevedra, seis da Coruña e cinco de Lugo–. Así, están distinguidas a Ruta do Litoral Burelense, o Sendeiro Azul do Torno de Cervo, o Paseo Ruta das Praias de Foz, a ruta de Fuciño do Porco do Vicedo e a Ruta do Faro de Illa Pancha ás Aceas, en Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...