Grandes parques eólicos ameazan a Reserva de Biosfera do Eo, Oscos e Terra de Burón

Os ecoloxistas asturianos presentan alegacións a uns proxectos que afectan a sete concellos do Occidente de Asturias.

Eólicos. AXM

A Coordinadora Ecoloxista d’Asturies presentou alegacións a seis parques eolicos proxectados na Reserva de Biosfera do Eo, Oscos e Terra de Burón.

Trátase de seis instalacións situadas en Santalla, Folgueiras, Sierra de Eirua, Chao Gran, Pereiro e Pena Bou, que van ter 28 muíños cunha altura total superior aos 200 metros, unha potencia total de 142 Mw e que van afectar os concellos de Taramundi, Vegadeo, Castropol, Villanueva de Oscos, San Martin de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e Pesoz.

Segundo os ecoloxistas asturianos, “estes parques eólicos afectan os espazos naturais e afectan á zona de especial protección comunitaria“, unha situación que consideran “extremadamente perigosa”.

Desde o colectivo lembran así mesmo que o Principado de Asturias asegurou nas últimas semanas que se excluirá o desenvolvemento de parques eólicos en parques naturais e zonas protexidas”, como é este caso, polo que non entenden “por que se tramitan se realmente fose verdade o que declaran os conselleiros responsables”.

Na actual Reserva da Biosfera xa están a funcionar cinco parques eólicos, os de Candal, Chao das Grallas, Bobia, Villanueva e A Xunqueira, e hai outro once parques proxectados, ademais do seis en trámites.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here