InicioM.ambiente e PatrimonioAs comarcas da Mariña e o Eo, pioneiras en impulsar unha dieta...

As comarcas da Mariña e o Eo, pioneiras en impulsar unha dieta saudable e sostible

Os territorios de Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova xunto aos asturianos de Santirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego traballan a prol dunha dietasaudable, xusta e sostible ao abeiro da iniciativa Eo Alimenta

Publicada o

- Advertisement -

Os territorios de Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova xunto aos asturianos de Santirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego traballan a prol dunha dietasaudable, xusta e sostible ao abeiro da iniciativa Eo Alimenta

A USC lidera desde Ribadeo a posta en marcha da primeira estratexia alimentaria de Galicia, unha iniciativa a prol de avanzar cada unha dieta saudable, xusta e sostible que se desenvolve baixo o lema ‘Eo Alimenta’, e na que participan veciños dos territorios lugueses deRibadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova xunto aos asturianos de Santirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego.

O programa Eo Alimenta nace como un proceso aberto e participativo que aspira, a través de encontros públicos e reunións, a “configurar de xeito colectivo un plan de accións adecuadas para conseguir un sistema alimentario máis sostible neste territorio asturgalaico. Un obxectivo que require, segundo se puxo de manifesto na primeira xornada, reflexionar sobre os principais problemas que afectan ao sector alimentario local.

A Estratexia Alimentaria Participativa do Eo, un programa pioneiro a prol da transición ambiental, botou a andar este venres no consistorio ribadense cun acto público no que, entre outros, interviron como relatores o catedrático do Departamento de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto e o profesor da Área de Ecoloxía da institución académica compostelá na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo Emilio Carral Vilariño.

A primeira sesión desta iniciativa participativa serviu asemade para visibilizar o compromiso dos seus promotores e tamén dos demais socios participantes pola transición ambiental e, en consecuencia, a súa disposición a traballar a prol dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) que propugna a ONU. “A estratexia Eo Alimentapretende impulsar un modelo de produción e distribución alimentario máis sostible, máis local e, polo tanto, cunha menor pegada ecolóxica”, apuntan desde a USC.

A rede de socios que arroupan a USC na Estratexia Alimentaria Participativa do Eo, un proxecto semellante a outros xa desenvolvidos em Valladolid ou em Valencia, está formada polo Concello de Ribadeo, o Sindicato Labrego Galego, a Fundación Edes-Finca el Cabillón, o GDR Oscos Eo e o GDR Terras de Miranda. Asemade, este proxecto conta con apoio e financiamento da prestixiosa entidade franco española Fundación Daniel e Nina Carasso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...