InicioEoDetectan un vertedoiro incontrolado tras a limpeza do río Eo en Trabada

Detectan un vertedoiro incontrolado tras a limpeza do río Eo en Trabada

As obras foron realizadas pola Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC).

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC) finalizou os traballos de acondicionamento, conservación e mellora da canle do río Eo e dun regato na contorna de Vilarbetote (Trabada).

A actuación no río Eo tivo por obxecto a roza e a retirada de restos vexetais depositados na canle que formaban tapóns que impedían o correcto discorrer das augas. Segundo informa a CHC nun comunicado, tamén se desenvolveu unha actuación preventiva mediante a talla e extracción de numerosas árbores secas con posibilidade de caer na canle e producir futuras obstrucións. “No regato retiráronse e xestionado os residuos dun vertedoiro incontrolado que se atopaban ocupando o dominio público”, indica.

Estes traballos, cun orzamento aproximado de 27.000 euros, realizáronse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de canles que desenvolve CHCantábrico nos ríos cantábricos da provincia de Lugo. No ano 2020 o investimento realizado en traballos de conservación e mantemento de canles en Lugo foi de 248.689 euros, repartida en 17 actuacións en 9 municipios.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...