InicioCentralFozVoluntarios inspeccionarán e protexerán o río Centiño de Foz dúas veces ao...

Voluntarios inspeccionarán e protexerán o río Centiño de Foz dúas veces ao ano

O obxectivo é que os cidadáns dos municipios onde está o torrente se fagan responsables da súa vixianza.

Publicada o

- Advertisement -

O Proxecto Ríos, coordinado por ADEGA, iniciarase en Foz no río Centiño, segundo anunciou o departamento de medio ambiente do concello de Foz. Esta iniciativa ten como obxectivo a concienciación e a participación cidadá en defensa dos ríos galegos. Fundaméntase na realización de inspeccións por parte de persoas ou grupos voluntarios ca finalidade de que se fagan responsables da vixianza do río que pasa solo seu municipio.

Estes controis faranse como mínimo dúas veces ao ano, en primavera e outono, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos. A partir diso, haberá que cumprimentar as Follas de Inspección.

No río Centiño o venres 4 de xuño realizarase un sesión informativa no Teleclube de San Martiño para posteriormente comezar a actividade. Os que estean interesados poderán anotarse no correo patrimonio.medioambiente@concellodefoz.es.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...