InicioM.ambiente e Patrimonio"Coida os mares, coida a vida", unha campaña para loitar contra a...

“Coida os mares, coida a vida”, unha campaña para loitar contra a contaminación do mar na Mariña

A área de Medio Rural da Deputación, xunto con Adega, inician unha campaña de sensibilización sobre as consecuencias que ten a contaminación mariña.

Publicada o

- Advertisement -

Os residuos vertidos no mar teñen graves consecuencias para a os ecosistemas mariños: máis de un millón de aves mariñas e case cen mil mamíferos e tartarugas morren cada ano a consecuencia da inxesta do lixo mariño, especialmente por microplásticos.

Por iso, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) iniciará, coincidindo co día mundial dos océanos o vindeiro 8 de xuño, unha serie de actividades de educación ambiental, dirixidas a mozos e mozas en idade escolar en varios colexios de educación infantil e primaria nos concellos de Ribadeo e Barreiros.

Entre as accións máis destacadas figura a organización de varias saídas para efectuar limpeza de praias na contorna, cuxo obxectivo é chamar a atención sobre a problemática do lixo mariño, a insostibilidade dos modelos de consumo, as malas estratexias de xestión dos residuos e a falta de sensibilización ambiental da poboación.

Presentación da campaña’ Coida os mares, coida a vida” organizada por Adega e na que colabora a Deputación de Lugo / remitida

As actividades forman parte da campaña Coida os mares, coida a vida, que conta cun orzamento total de 5.268 euros, dos cales a área de Medio Rural colabora aportando 5.000 € e Adega os restantes ata completar o orzamento.

“BIODIVERSIDADE”

A deputada de Medio Rural, do Mar e Mocidade, a nacionalista Mónica Freire presentou esta campaña de sensibilización mariña en Ribadeo xunto aos representantes de Adega, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.

Con esta campaña, a Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade pretende poñer en valor o respecto pola biodiversidade animal e vexetal coa que contamos no litoral da provincia de Lugo para poder conservar e utilizar de xeito sostible os nosos recursos mariños.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...