Liberados paxaros localizados en gaiolas trampa en Viveiro

Informouse á persoa propietaria das gaiolas que cometía unha infracción da Lei de patrimonio natural e biodiversidade de Galicia, polo que se abriu unha denuncia polos feitos, que foron recoñecidos polo denunciado, e procedeuse ao comiso das gaiolas.

Xílgaro

Axentes ambientais, dependentes da Consellería de Medio Ambiente, liberaron a diferentes aves localizadas en gaiolas trampa no municipio de Viveiro.

En concreto, trátase de cinco xílgaros, tres paparroibos reais e un xirín. No transcurso dunha vixilancia, detectouse a unha persoa que escondía varias gaiolas con distintas especies sen as anillas identificativas.

Igualmente, había gaiolas trampa que estaban activadas para a captura de frinxílidos, xa que nela había exemplares de xílgaro como reclamo.

Tras ser identificada, informouse a esta persoa de que cometía unha infracción da Lei de patrimonio natural e biodiversidade de Galicia, polo que se abriu unha denuncia polos feitos, que foron recoñecidos polo denunciado, e procedeuse ao comiso das gaiolas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here