InicioM.ambiente e PatrimonioPiden man dura contra os lobos: "as batidas necesarias para controlar a...

Piden man dura contra os lobos: “as batidas necesarias para controlar a súa poboación”

Distintas comunidades de monte e asociacións remitiron escritos á Xunta e ao Concello de Viveiro para evitar novos ataques deste animal.

Publicada o

- Advertisement -

Francisco Galdo Goás, presidente da Comunidade Monte Man Común Lamas de Toxo, denuncia as desfeitas que o lobo está facendo na contorna da parroquia de San Pedro, e limítrofes, no Concello de Viveiro, «cunha intensidade sen precedentes».

Así, denuncia a presencia deste animal en espazos urbanos e lonxe do seu hábitat, no medio de casas habitadas nas que causa danos en animais domésticos e mascotas. «Isto fala ás claras da dimensión do problema e fai saltar todas as alarmas diante da posibilidade que os ataques deriven en danos persoais de imposible reversión», asegura.

Destaca que as medidas que puxo en marcha a Xunta para resarcir dos danos ás expltoacións gandeiras afectadas, «con ser imprescindibles, non evitan que estes danos sigan a producirse». Por iso, reclama que se poñan en marcha medidas para combatir a sobrepoboación do lobo nestas zonas nas que, di, xa se ten constatado a súa presenza. Medidas que poden ser «as batidas necesarias para o control da poboación do lobo a niveis que permitan asegurar a seguridade pública».

MÁIS CRÍTICAS

Esta denuncia súmase á realizada o luns por outros comuneiros do concello, a agrupación de veciños galdense, o tecor Alcotán e o colectivo Cabaleiros do Landro no que tamén lle remitiron unha carta á Xunta para pedir que «controlen a situación límite» «actuacións» que están a sufrir os gandeiros polo ataque do lobo.

Negámonos a convivir co lobo, nin controlado nin sen controlar, nas portas das nosas casas. Valoramos que a Xunta loite para que non se inclúa na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lesrpe) para impedir a súa caza pero queremos actuacións para controlar a situación”, apuntaban neste escrito.

«No último lustro, ou 90% de todos os poldros nados son matados polo depredador», cotinúa o escrito que se pregunta se «é normal que maten a escasos metros da randeeira onde xogan os nenos na súa casa».

REUNIÓN DO CONCELLO DE VIVEIRO COA XUNTA

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o 1º tenente de alcalde, Jesús Fernández Fernández, mantiveron unha reunión de traballo coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, para falar sobre a problemática do lobo.

Tras agradecer á conselleira a rápida convocatoria da reunión solicitada polo Concello de Viveiro, a alcaldesa explicoulle o problema existente e se lle deu traslado dos escritos entregados por parte das comunidades de montes do municipio e outros colectivos afectados por esta situación, indo o contido da reunión por parte do concello nesta liña.

Ante o anuncio da clasificación do lobo como especie protexida, en febreiro de 2021 o Concello de Viveiro xa manifestou a súa postura, xunto con outros oito concellos, remitindo un escrito ao Ministerio sobre este asunto cunha serie de manifestacións e solicitudes acordadas entre os municipios referidos, todos eles situados na Serra do Xistral.

Independentemente diso, esta clasificación aínda non entrou en vigor e algunhas comunidades autónomas, como Galicia, presentaron alegacións, pero mentres o problema segue aí, polo que dende o concello se lle plantexou á Conselleira de Medio Ambiente a necesidade de traballar conxuntamente para solventar esta situación, tendo en conta que a Xunta tamén ten as súas competencias nesta materia.

Por parte da consellería, recoñeceuse que o censo do lobo non está actualizado dende o 2014; tamén se indicou que hai tres meses se lle adxudicou esta labor a unha empresa externa, que están actualizando o censo do lobo en toda Galicia, e que cren que a finais de ano 2021 estará actualizado, polo que se recoñeceu que ao non ter o censo actualizado non puideron facer as pertinentes revisións da lei de protección galega do lobo do ano 2018. Hai xa tres anos que deberían estar feitas e non se fixo.

Tamén se tratou o problema das indemnizacións, así como a tardanza nos pagos, explicándolle que os veciños se queixan por que se lles está a indemnizar no momento do ataque polo animal morto, pero os beneficios perdidos non están incluídos. Por parte da consellería, explicouse que eles incrementaran as subvencións, que recolleron o que lle trasladaron os sindicatos (que xa incluíron abortos) e que estaban a traballar neste problema.

Dende a consellería aconsellouse que, dende o concello, para poder facer algo podíase reunir cos tecores de distrito, tendo en conta que son eles os teñen coñecemento da situación concreta de cada un deles, considerando cal sería a mellor opción para cada unha das zonas, entre as distintas posibilidades existentes, ben sexa esperas, batidas ou monterías.

Neste sentido, por parte da consellería explicouse que eles non poden actuar de oficio e que teñen que ser os concellos ou os tecores os que soliciten autorización para realizar algún tipo de actuación, para que eles analicen e valoren a situación. “Neste sentido o concello, como sempre, vai actuar e xa se vai a poñer en contacto cos tecores do municipio para valorar esta posibilidade”, explica María Loureiro.

Consideramos que quedou claro, non sei se é que non se quere escoitar ou se non interesa, que o Concello de Viveiro xa manifestou a súa postura remitindo un escrito ao Ministerio, xunto con outros concellos, pero que é evidente que mentres hai que facer algo por que o problema está aí, segue habendo ataques cada vez máis cerca das vivendas e de aí a nosa preocupación e a solicitude desta reunión.

Por ese motivo, dende o Concello de Viveiro quérese facer unha ampla referencia ao contido da reunión, que foi bastante distendida e na que se trataron varios temas, como as estatísticas, a actualización do censo, etc., e na que, por parte da consellería, incluso se xustificou a paralización das actuacións por parte da Xunta que está á espera de se a orde do Ministerio entra ou non en vigor, pero unha cousa non quita a outra, e que esteamos á espera de que o Ministerio de Transición acepte ou non as alegacións non evita que o problema siga aí e que sexa preciso buscar solución para este asunto.

Finalmente, dende o Concello de Viveiro demándase que algún tipo de actuación hai que facer, dado que o problema está aumentando a diario, tal e como se admitiu na propia reunión.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...