InicioM.ambiente e PatrimonioA loita contra a velutina na Mariña, unha cuestión de ciencia e...

A loita contra a velutina na Mariña, unha cuestión de ciencia e imaxinación

A eliminación da velutina na Mariña ten pasado por varias fases ata dar con solucións, senón definitivas, si suficientes para frear o ataque deste insecto invasor. A colocación de trampas e a observación do comportamento da avespa asiática permite un control sobre ella que podería traducirse a medio ou longo prazo, nunha redución da súa presenza.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello do Valadouro declarábase en 2018 municipio “case libre” de velutina. Veciños e autoridades locais entenderon a necesidade dunha estratexia que impedise a destrución de trobos ou colmeas de avellas por parte da avespa asiática. Desta maneira deseñouse un plan onde as principais accións serían a retirada de niños e a colocación de trampas para atraer as vespas raíñas. Esta última acción impediría a aparición de novos niños e a multiplicación de exemplares. A contraparte é que expertos en tratar co insecto invasor, non ven a erradicación completa do mesmo en todo o norte da Península Ibérica, basicamente pola humidade e a maior concentración de árbores nesta área.

PASOS PARA O CONTROL

José María Vázquez, director da empresa Serpa, asegura que “coa retirada do niño só se ten nin a metade do traballo feito”. Por iso a estratexia ten dúas partes a do “trampeo en primavera” para a captura das raíñas e logo a retirada dos niños que é permanente durante o ano. Para iso hai que observar o comportamento das raíñas que teñen unha época de saída de entre tres e catro meses. Esa sería a primeira parte.

No caso das raíñas que non caeron na trampa, é necesaria a observación directa sobre onde aparencen os lugares infectados ou niños. A cuestión, segundo Vázquez é dar a tempo co niño primario e a partir de aí ver onde cadran os secundarios, terciarios facendo un mapeo da área. O mapeo inclúe tamén a ubicación das trampas.

A retirada das esferas onde viven as vespas pode ter perigo? A resposta é que todo depende de como se usan as diferentes técnicas ou ferramentas. Hai varios métodos patentados como son sistema de cremación interna que vai queimando por dentro o fogar dos insectos. Se a retirada se produce nunha casa, os métodos son diferentes e teñen que garantir a seguridade das persoas. “O de ir pola noite crendo que están adormecidas non é así” sinala Vázquez en referencia á idea de que os insectos como as avespas dormen de noite e por tanto é máis doado eliminalas.

Cada retirada esixe un traballo ou maneira diferente. “Hai casos en que si é necesario retirar de noite, como por exemplo o caso dunha escola onde debiamos retirar para que non atacasen aos nenos cando entrasen de mañá”. No caso dos e das traballadoras que se dedican a este labor, a protección é completa cun traxe de apicultor. O único risco, din, é o cansanzo da calor dentro do traxe.

LUGARES PREFERIDOS PARA A VELUTINA

O lugar de preferencia é xunto ás colmeas de avella. A inmensa maioría de ataques son contra as abellas para produción de mel. Tamén se observou como escollen lugares onde a temperatura e a humidade son moi parecidas ás condicións que se dan no lugar de orixe das velutinas. Estas conclusións sacáronas persoas que se dedican profesionalmente ao traballo de eliminación de niños e trampeo de raíñas.

“Levo anos con este traballo e cada día aprendo algo diferente sobre estes insectos” di Vázquez. O descubrimento máis sorprendente para este especialista é que “a raíña fai catro niños, un primario, o secundario nun radio de 20 ou 25 metros onde eclosionan os machos, logo cando está fecundada crea un terciaro onde deposita as futuras raíñas, cando eclosionan estas novas raíñas, a raíña nai morre nun novo fogar onde morre durante o inverno”. Desta maneira, a captura de raíñas, o control da praga, permite unha minimización moito máis elevada que coa simple retirada. A falta de nais reduce o número de novos niños.

A cuestión é que a erradicación desta praga non parece estar próxima aínda que existen proxectos dentro da UE que procuran este obxectivo. No caso concreto da Mariña, se ben é certo que as temperaturas son menos cálidas que noutras partes de Galicia, a humidade e o calor do verán son suficientes para a eclosión de raíñas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...