Publicaronse por fin os resultados das análises químicas dos restos do galeón ‘Santiago de Galicia‘, afundido en 1597 en Ribadeo, e da fragata da Armada Española ‘Santa María Magdalena‘, botada no 1773 en Ferrol e que foi a pique no 1810 en Viveiro.
Os resultados das investigacións evidencian que os cascos destes navíos foron construídos con carballo do noroeste peninsular, e que en Europa fóronse tecendo rutas comerciais para o subministro de distintos tipos de madeiras destinadas ás frotas española e portuguesa, que constitúen “o motor da primeira globalización“.
“A MÁIS ALTA TECNOLOXÍA”
Aqueles navíos das armadas española e portuguesa eran “a máis alta tecnoloxía da Idade Moderna“, comparables no noso tempo ás “naves espaciais“, salienta a científica Ana Crespo Solana, que confirma que o galeón de Ribadeo “é o mellor conservado dos que coñecemos”.
Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial.