InicioM.ambiente e PatrimonioConferencia en Sargadelos sobre os círculos invisibles da Idade do Bronce na...

Conferencia en Sargadelos sobre os círculos invisibles da Idade do Bronce na Mariña

No acto participarán os arqueólogos Pilar Prieto e Luis Cordeiro e está organizado por Mariña Patrimonio.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio retoma as actividades presenciais organizando a conferencia a cargo dos arqueólogos Pilar Prieto e Luis Cordeiro. Esta actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o sábado 30 de outubro ás 18:00 na Casa da Administración / Museo Histórico de Sargadadelos.

Os círculos, sobre os que Pilar Prieto e Luis Cordeiro levan anos investigando, son un tipo de xacementos arqueolóxicos dos que se comezou a ter noticia da súa existencia en Galicia a partir da escavación de A Roda de Barreiros en 2006. Na Mariña, ademais de A Roda de Barreiros, figuran no catálogo de bens patrimoniais da Dirección Xeral de Patrimonio as estruturas circulares de A Mourisca de Cervo e a Lavandeira de Xove, descubertas pola asociación Mariña Patrimonio en 2014 e 2015 respectivamente.

Este tipo de xacementos arqueolóxicos, que se están descubrindo ultimamente por todo o territorio galego, constitúen unha auténtica novidade no panorama arqueolóxico de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...