InicioM.ambiente e PatrimonioSemáforo da Reciclaxe en Burela organizado polas monitoras de Gaia

Semáforo da Reciclaxe en Burela organizado polas monitoras de Gaia

Publicada o

- Advertisement -

Os usuarios da asociación Camiña participaron nunha actividade organizada polas monitoras de Gaia denominada O semáforo da reciclaxe.

Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, “trátase dun semáforo que consta de 3 cores: verde, azul e amarelo, que simulan a cor de cada colector. Ao longo de varias sesións aprenderán a usar o semáforo da reciclaxe. Onte foi a quenda do colector verde iglú. Usando unhas tarxetas os participantes tiveron que distinguir entre vidro e cristal pegándoas no colector verde iglú do semáforo. Non podería faltar a presenza dun policía verde, que foi o encargado de vixiar que as tarxetas se colocasen correctamente coa premisa de que si isto non se facía correctamente sacaba unha sinal de prohibido”.

Toñi Eijo dixo que “desta forma sinxela e divertida pretendemos concienciar da importancia de reciclar e facelo de forma correcta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...