InicioM.ambiente e PatrimonioOs argumentos da empresa que proxecta a megacentral eléctrica na Mariña: "beneficios...

Os argumentos da empresa que proxecta a megacentral eléctrica na Mariña: “beneficios económicos e sociais”

Atalaya Generación presentoulle o proxecto aos alcaldes do Valadouro, Alfoz, Ourol, Cervo e Xove e insiste no respecto e coidado do medio ambiente, a pesar do impacto ambiental que xerará esta obra.

Publicada o

- Advertisement -

Atalaya Generación, a empresa que impulsa o megaproxecto da Central Hidroeléctrica Reversible XISTRAL, insistiu no “impacto económico e social positivo” que vai supor para para estes concellos a instalación da central, ao xerar, segundo suliñaron “postos de traballo e oportunidades de futuro á comarca”.

Este é o argumento co que xoga a empresa para tentar convencer aos concellos implicados da importancia do seu proxecto, un argumento que tamén ten utilizado algún xornal galego  para ir concienciando á opinión pública da comarca das bondades desta empresa.

Na reunión, que se celebrou de maneira telemática, participaron o director de Atalaya Generación, Pedro Machín, e os acaldes do Valadouro, Edmundo Maseda; Alfoz,
Jorge Val; Ourol, José Luís Pajón; Cervo, Alfonso Villares, e Xove, Demetrio Salgueiro.
Segundo insiste a empresa, o proxecto ten por obxecto a posta en marcha dunha instalación de almacenamento de enerxía eléctrica de 936 megawatts “baseada na operación dunha central de bombeo reversible, que implica a existencia dun emprazamento con dispoñibilidade de auga e cun salto neto adecuado entre dous almacenamentos”.

“Desta forma, almacénase a auga nos momentos de menor demanda e bombéase para xerarenerxía naquelas horas de maior consumo”, indica a empresa.  Unha vez entre en funcionamento a instalación, a eléctrica insiste en que se poderá xestionar o parque de xeración renovable instalado en Galicia e as súas proximidades, “respectando un réxime sustentable dos ríos e os seus caudais, e avanzar na descarbonización do sistema
eléctrico exixible para frear o cambio climático”.

IMPACTO AMBIENTAL

Boa parte das consultas formuladas polos alcaldes estiveron encamiñadas a aclarar
o funcionamento, localización e deseño dos almacenamentos. “Tomouse boa
nota das súas achegas para telas en conta no deseño definitivo da instalación”, aclara a empresa. Neste sentido, a empresa deu a coñecer as consideracións para determinar a
localización dos almacenamentos, que aproveita o salto hidráulico existente para “evitar
as afeccións ambientais ás zonas de turbeiras”.

Por iso, a empresa insiste en defender a creación de dúas balsas, que veciños e movementos ecoloxistas da zona cren que terán un forte impacto ambiental e patrimonial, porque “deseñáronse balanceando os movementos de terras necesarios para a súa construción”. Ademais, aclara que está previsto que as conducións sexan subterráneas para minimizar o impacto xerado.

Precisamente, a posibilidade de soterramento dunha parte da liña eléctrica foi outro dos puntos consultados polos alcaldes. Os representantes de Atalaya Generación e os alcaldes acordaron seguir mantendo reunións no futuro para coñecer os avances e o estado do proxecto, e resolver todas as cuestións que poidan xurdir durante o seu desenvolvemento.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...