InicioM.ambiente e PatrimonioDenuncian que a central hidroeléctrica do Xistral "incumpre" as normativas

Denuncian que a central hidroeléctrica do Xistral “incumpre” as normativas

A organización ecoloxista Adega solicita á Xunta a "ampliación con urxencia" da Rede Natura 2000 para "evitar estes despropósitos".

Publicada o

- Advertisement -

A Serra do Xistral, que xa alberga 29 parques eólicos e concentra o 55% da potencia instalada na Rede Natura 2000, está no punto de mira para a instalación dunha nova central hidroeléctrica de bombeo en caverna promovida por Desarrollos del Malache S.L.U., con sé en Zaragoza, e que suporía a construción de dous lagos artificiais, quilómetros de tubaxes e pistas e liñas de alta tensión. “Un verdadeiro polígono industrial “limpo” en pleno corazón dunha área de excepcional valor ambiental e patrimonial”, denuncian dende Adega.

Segundo a organización ecoloxista, este proxecto “incumpre” a propia normativa do Ministerio de Transición Ecolóxica, as recomendacións da Comisión Europea e o ‘Plan Nacional Integrado de Energía y Clima 2021-2030’, que aclara que “os bombeos hidráulicos” que este proxecto implicaría “terán que cumprir o disposto no plano hidrolóxico e en todo caso situaranse fóra da Rede Natura 2000 e/ou espazos protexidos”.

Doutra banda, explica Adega, a implantación deste proxecto hidroeléctrico esixe a construción dunha central en caverna nunha área inalterada, isto é, que o impacto das obras “debería avaliarse fronte a un escenario no que o patrimonio natural afectado permanecera no seu estado natural, sen considerar un posible uso alternativo diferente, como por exemplo a evitación de emisións a atmosfera como pretende a empresa”.

A REDE NATURA, NO PUNTO DE MIRA DO OLIGOPOLIO ELÉCTRICO

 

 

 

 

 

 

 

 

As obras da proxectada central hidroeléctrica reversible ‘Xistral’ atinxen dous espazos da Rede Natura 2000 galega: As ZEC “Serra do Xistral” e ZEC “Río Ouro”. Ademais, segundo indica Adega, as obras afectan tamén a un territorio incluído na proposta de ampliación da Rede Natura 2000 que comezou a tramitar a Xunta de Galicia no ano 2011, concretamente ao alongamento da ZEC Serra do Xistral.

“Esta área de ampliación pretendía aumentar a representatividade de determinados hábitats, principalmente turbeiras e matogueiras húmidas identificados como insuficientemente representados pola Comisión Europea”, explican dende Adega. O “incumprimento reiterado” por parte das Administracións autonómica e estatal dos requerimentos da Comisión Europea deu lugar, de feito, a un expediente e á apertura dun procedemento formal de infracción.

O proxecto afecta tamén á Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, un espazo que, segundo as directivas, “só serían compatibles con usos tradicionais do solo e o turismo ambiental”. Por todo isto, Adega reclama ao Ministerio “que se comunique ao promotor a desestimación do proxecto” e que se “inste a Xunta a ampliar con urxencia a superficie da Rede Natura 2000 en Galicia para evitar estes despropósitos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...