InicioM.ambiente e PatrimonioA Plataforma de afectados pola hidroeléctrica do Xistral reúne máis de 4.000...

A Plataforma de afectados pola hidroeléctrica do Xistral reúne máis de 4.000 sinaturas contra o proxecto

A Plataforma neste período de consultas que rematou o pasado 9 de marzo, no que particulares e demáis colectivos podían mostrar o seu rexeitamento a esta obra, axudou a presentar 160 alegacións contra o anteproxecto da central.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma de Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica do Xistral, presentou ante o Ministerio de Transición Ecolóxica 4.430 sinaturas en contra da central hidroeléctrica reversible do Xistral.

Así mesmo, a Plataforma neste período de consultas que rematou o pasado 9 de marzo, no que particulares e demáis colectivos podían mostrar o seu rexeitamento a esta obra, axudou a presentar 160 alegacións contra o anteproxecto da central. Dende a Plataforma temos constancia de máis alegacións presentadas por fóra da mesma, tanto a título persoal como por diversos colectivos e asociacións, pero descoñecemos o número exacto delas.

A Plataforma lembra ademais que os órganos consultados tiñan un prazo de 20 días hábiles dende que recibiron a consulta, polo tanto, “para eles o prazo xa rematou fai varios días, non dispoñemos de información de se todos os consultados emitiron informes”.

Referente a polémica xurdida en canto a prazos para alegar, a intención da Plataforma nunca foi de crear crispación nin malestar na veciñanza, “simplemente nos dedicamos a informar dos plazos segundo marca a lei nestes casos”. A valoración que fai a Plataforma de todas as accións realizadas nos últimos tempos é “moi positiva, agardamos que todo este esforzo que se fixo en tan pouco tempo teña a súa recompensa axiña”.

O representante de Desarollos Del Malache, S.L.U., Pedro Machín, manifestou que non seguirían adiante co anteproxecto se había oposición veciñal, polo tanto, “entendemos que queda demostrado que non queremos nin este, nin outro anteproxecto que veña a interromper as vidas e o traballo dos nosos veciños, e así agardamos que lle chegue á empresa promotora”. Engaden tamén que positivo que puidera traer, non compensa o negativo, e “dende a Plataforma tivémolo moi claro dende un primeiro momento con un dos nosos lemas “Renovables SI pero NON así””.

Dende a plataforma quixeron agradecer tamén ós diferentes colectivos e asociacións que mostraron o seu apoio presentando escritos contra o anteproxecto ou sumándose á Plataforma, que son os seguintes: Asociación de veciños de Recaré, Asociación de veciños Pena Abaladoira do Pereiro, C.M.V.M.C Guilifonso e Cabalar do Pereiro, C.M.C.M.C de Vilacampa, C.M.V.M.C Xestaca e Granda Vella de Santo Tomé, C.M.V.M.C do Cadramón, C.M.V.M.C de Miñotos, Seminario de Estudos do Valadouro, Asociación de veciños de Fazouro, Asociación de veciños de San Vicente de Lagoa, ANPA CEIP Castro de Ouro de Alfoz, Asociación de Sendeirismo Paso Miúdo, Asociación de veciños de San Pedro de Mor e Asociación Rebinxe.

Na seguinte fase, a plataforma espera ter todos os informes presentados, e mentras tanto seguirán traballando e informando á veciñanza dos pasos a seguir. Para o vindeiro domingo, día 13, hai convocada unha manifestación de repulsa contra o  anteproxecto presentado, “para que quede claro que non o queremos no noso Val”.

A manifestación discorrerá entre os lugares onde irían instaladas as balsas superior en Vilacampa e a inferior en Recaré, con fin de dar a coñecer o anteproxecto á veciñanza. Ó remate da mesma, na igrexa de Recaré, procederáse á lectura dun manifesto e darase por finalizado o acto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...