InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta recupera as escolas de Cabanas e Riobarba como centros sociais

A Xunta recupera as escolas de Cabanas e Riobarba como centros sociais

O Goberno autonómico investirá 100.000 euros na rehabilitación dos inmobles e o Concello do Vicedo achegará outros 10.000

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia destinará preto de 100.000 euros á recuperación das escolas unitarias de Cabanas e Riobarba, no municipio do Vicedo, para convertelas en centros sociais.

A Consellería do Medio Rural asume o 90% do financiamento destas actuacións -case 49.000 euros en cada unha- a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), mentres que o goberno local videcense achegará o resto, arredor de 10.000.

A escola de Cabanas foi construída no ano 1959 e atopábase moi deteriorada, polo que necesitaba unha actuación urxente que garantira mesmo a súa conservación.

Neste mesmo núcleo rehabilitouse recentemente a antiga casa do mestre, situada na primeira planta, grazas a unha achega de 36.000 euros do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Será destinada a vivenda de promoción pública.

Tamén a escola de Riobarba precisaba importantes reformas para poder ser utilizada.

USOS

Os inmobles acollerán reunións veciñais, charlas, coloquios, iniciativas culturais, actividades formativas presenciais, exposicións, celebración de festas e eventos e outros usos que sexan solicitados polos veciños.

Serán de acceso gratuíto, a excepción de que a propia actividade demande algún tipo de cota ou matrícula, e restrinxido só cando se trate de actos que requiran inscrición previa ou límite de aforo. Así mesmo, poderán servir como colexios electorais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...