O areal das Catedrais, tamén coñecido como Augas Santas, foi elixida entre as 50 mellores praias de Europa pola web especializada Flight Network.
A monumento natural ubicado no municipio de Ribadeo quedou en décimo primeiro lugar nunha enquisa na que participaron máis de 1.200 xornalistas e especialistas en turismo.
Os especialistas puntuaron tres cuestións. En primeiro lugar, a beleza pura sen intervención humana, aspecto no que As Catedrais levou nove de dez puntos.
No tocante á ubicación -lonxanía-, o areal ribadense quitou a máxima puntuación, 10/10. A calidade da area e a auga penalizou un tanto á praia mariñá, que foi valorada con oito puntos neste apartado.
A web inclúe un post sobre a praia, cunha explicación do monumento natural e datos do número de días de sol ao ano de media -175- e o promedio de temperatura, de 20 grados.
RODAS, NAS CÍES, VIXÉSIMO NOVENA
A número un da listaxe é para praia de Shipwreck, na illa grega de Zakynthos; o segundo posto ocúpao Reynisfjara, coñecida como a praia negra de Islandia, e o terceiro lugar é para Formentor, en Mallorca.
A praia de Rodas, nas illas Cíes, levou oito puntos en cada un dos apartados e quedou en vixésimo noveno lugar.
Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.