InicioM.ambiente e PatrimonioO alcalde de Ribadeo esixe a Medio Rural que realice limpeza de...

O alcalde de Ribadeo esixe a Medio Rural que realice limpeza de faixas de biomasa situadas ao pé de vivendas

O alcalde de Ribadeo sinalou que: “estamos desgustados e preocupados coa actitude da Consellería de Medio Rural no seu compromiso incumprido con este Concello en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, no que ten que ver coa xestión da biomasa nas faixas de protección cerca das vivendas, tal e como asinamos no Convenio no ano 2018”.

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de goberno está preocupado coa actitude da Consellería de Medio Rural no incumprimento co Concello de Ribadeo en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais. O alcalde, Fernando Suárez, vén de enviarlle un escrito á Dirección Xeral de Defensa do Monte para que acometa canto antes as execucións subsidiarias pendentes daquelas faixas de xestión de biomasa que se atopan ao pé das casas.

O rexedor dixo: “estamos desgustados e preocupados coa actitude da Consellería de Medio Rural no seu compromiso incumprido con este Concello en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, no que ten que ver coa xestión da biomasa nas faixas de protección cerca das vivendas, tal e como asinamos no Convenio no ano 2018”.

Suárez Barcia subliñou que “este Concello tense caracterizado por ter unha política forestal moi activa no sentido de facer cumprir as leis galegas de incendios e de montes. Para iso xa no 2018 iniciamos unha serie de actuacións en solitario, sen axuda algunha da Xunta de Galicia por máis que lle pedimos formalmente a axuda que por lei nos tiñan que dar. Teño que lembrar que chegamos a ter que contratar os servizos dun helicóptero para elaborar ortofotos que puideran acreditar as leiras con especies pirófitas como eucalipto, pinos, acacias, etc. que non cumprían as distancias ás vivendas no caso de se producir un incendio. E chegamos a iniciar as actuacións de execución subsidiarias de aqueles propietarios, non moitos a verdade, que non houbo maneira de facerlles ver a necesidade de cumprir as normas para evitar desgrazas en caso de lume”.

O alcalde indicou que “fixemos moito e fixémolo sós. Finalmente a Xunta accedeu a asinar un convenio para facer ela as execucións subsidiarias. Pero a verdade é que o tempo vai pasando, vemos día a día que medio país está ardendo e a Xunta de Galicia non dá cumprido os seus compromisos asinados de levar a cabo esta serie de execucións subsidiarias pendentes e comprometidas. Tan só, e iso hai que dicilo, actuou hai tempo nunha parroquia que tivo moitos lumes como a de Ove e empezou escasamente a facer noutra, Covelas, pero xa vai logo para un ano que non volvemos saber dela”.

E engadiu: “eu ben sei que nestes días todos os medios están alí onde teñen que estar, están os lumes, pero isto debe ser un exemplo de que a política forestal hai que planificala con tempo, con previsión, con colaboración, e vexo que lamentablemente, aínda queda moito que mellorar. Esperemos que non sexa tarde porque logo xa vemos cales son as consecuencias”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...