Queres ver as “Bágoas de San Lourenzo “nun dos mellores sitios de Galicia?

O Concello de Muras organiza unha observación astronómica.

Estrela que leva o nome de Rosalía de Castro. AXM

Muras volve presumir de destino “starlight” cunha nova observación astronómica. Desta volta estará guiada pola Agrupación Astronómica Coruñesa íO. Para gozar do espectáculo de estrelas fugaces, meteoros que en contacto coa atmosfera xeran friccións e unha fermosa incandescencia, o apoxeo das “Bágoas de San Loruenzo”, o punto de reunión será a Área de Autocaravanas do Viveiró.

Na madrugada do venres ao sábado será momento de máxima actividade. Será cando se poidan ver máis de cincuenta estrelas fugaces cada hora baixo un ceo escuro e despexado. A observación das choivas de estrelas faise a ollo descuberto, máis se alguén quere levar os seus prismáticos daranse indicacións para o seu uso. Se non se teñen, a Agrupación ÍO levará algúns para emprestar e compartir. Quen queira facelo esa noite, tamén pode acampar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here