InicioM.ambiente e PatrimonioAsí será o lavado de cara do río EO ao longo de...

Así será o lavado de cara do río EO ao longo de case 26 quilómetros

A Xunta sestinará 500.000 euros para unha actuación de erradicación de especies invasoras e coidado das especies autóctonas.

Publicada o

Xunta de Galicia ten previsto destinar case 0,5 millóns de euros a un proxecto de recuperación do río Eo a seu paso polos municipios de A Pontenova, Trabada e Ribadeo. A intervención executarase ao longo de 25,9 km de río divididos en 3 treitos co obxectivo de mellorar o estado de conservación dunhas 84 hectáreas deste corredor ecolóxico, que separa de forma natural Galicia e Asturias.
Durante unha visita este mércores a unha das zonas obxecto da actuación, a conselleira de Medio Ambiente,explicou que no marco do proxecto se prevén realizar tarefas de control e erradicación de especies exóticas invasoras —Crocosimia x crocosmiflora, Helichrysum petiolare, Acacia melanoxylon e Acacia dealbata— cunha atención especial ás presentes no tramo baixo entre A Pontenova e Ribadeo, así como traballos de retirada de árbores mortas na canle e nas ribeiras fluviais, poñendo o foco nos amieiros afectados por fungos.
Ademais, tamén se procederá a reforzar as poboacións de especies autóctonas de hábitats de interese comunitario, como poden ser os bidueiros, freixos, salgueiros, espiños brancos ou carballos. En canto á fauna ictícola, instalarase un contador de paso como medida de apoio para o seguimento das especies migradoras presentes no río —anguía, lamprea, reo e salmón—.
Por último, o proxecto inclúe traballos para a restauración ecolóxica de sendas, adecuando viarios e camiños existentes entre Ribadeo e a desembocadura do río Trabada ao longo de 10,4 km, empregando en parte a antiga ruta do tren mineiro entre Ribadeo e Vilaodrid, e instalando dous observatorios e tres pousadoiros para aves.
 
TRABALLO DO CONCELLO DE RIBADEO
A rexedora en funcións de Ribadeo, Mónica Freire,  agradeceu a elección deste concello para a presentación desta actuación así como a visita cursada ao paseo das Aceas, porque, dixo, “reafirma o traballo realizado polo Concello de Ribadeo a través do proxecto Life Fluvial”.
Freire Rancaño lembrou o investimento realizado nese observatorio de aves, que hoxe foi o escenario da presentación do proxecto que se desenvolverán nos Concellos de Ribadeo, Trabada e A Pontenova.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...