Mariña Patrimonio presentará en Sargadelos o traballo sobre patrimonio inmaterial do antropólogo Rafael Quintía

Presentanción dos resultados do traballo de prospección e documentación de patrimonio inmaterial da Mariña realizado durante o ano 2021 polo antropólogo Rafael Quintía.


Mariña Patrimonio organiza unha conferencia que leva por título “Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña”. Nela farase unha presentanción dos resultados do traballo de prospección e documentación de patrimonio inmaterial da Mariña realizado durante o ano 2021 polo antropólogo Rafael Quintía, da empresa Ab origine Antropoloxía S.L.L.

O acto será no Museo Histórico de Sargadelos o venres 21 de outubro ás 19:00.

O proxecto de investigación foi promovido pola Asociación Mariña Patrimonio con fin de inventariar parte do rico patrimonio inmaterial dos concellos da Mariña como paso previo para a solicitude da súa futura catalogación e inclusión no inventario oficial da Xunta de Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here