O Concello de Cervo iniciou este venres unha limpeza dos leitos dos ríos do municipio, como medida “preventiva” de cara a unha época do ano nos que os episodios de chuvia e o vento son máis frecuentes.
Os técnicos municipais detectarán árbores, ramas caídas e maleza que podan obstruír o tránsito da auga para retiralos e minimizar riscos.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou as actuacións acompañado da edil de medio ambiente, Mali Méndez.
SARGADELOS
Os traballos de retirada de masa forestal comezaron na contorna do río Xunco ao seu paso por Sargadelos e repetiranse nos caudais e regos que flúen polo municipio.