InicioMovementos SociaisO BNG da Mariña recolle sinaturas en defensa da Atención Primaria para...

O BNG da Mariña recolle sinaturas en defensa da Atención Primaria para presentar unha ILP no Parlamento

Este xoves 5 de xaneiro recollerán sinaturas en Foz, no Centro de Saúde desde as 10:00.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG da Mariña anuncia nun comunicado que o apoio á Iniciativa Lexisativa Popular en defensa da atención primaria continúa mediante a recollida de sinaturas. Os nacionalistas lembran que os problemas se repiten en centros de saúde, “onde a falta de persoal facultativo lonxe de solucionarse acentúase día a día e servizos tan importantes coma o de pediatría están practicamente en cadro”.

Como exemplo poñen o centro de saúde de Ribadeo durante o último ano e medio nunca estivo o cadro médico ao completo. Neste centro “é habitual a falta dun tercio do mesmo e nos últimos días do ano repetiuse a situación vivida no verán, de estar só 3 medicas de mañá”. A todo isto “hai que sumarlle que desde a xubilación da matrona no mes de decembro só se cubre o servizo 1 ou 2 días á semana”.

MOBILIZAZÓN O 19 DE XANEIRO

O BNG tamén convidou ás persoas que asinarou na súa mesa que asistan á manifestación da Plataforma Sanitaria en Burela, con saída do Hospital ás 20:00 o xoves 19 de xaneiro, en contra do desmantelamento da sanidade pública. A esta recollida en Ribadeo asistiron membros do goberno municipal e o deputado Daniel Castro, que recordou as iniciativas levadas polo BNG ao Parlamento “diante dos graves problemas que atravesa a sanidade pública no país, e especialmente na comarca agravándose nos últimos anos desde que o Partido Popular eliminou a Área Sanitaria da Mariña”. “As mariñás e mariñaos temos moitos motivos para saír á rúa, para defender o noso ben mais prezado que o PP quere desmantelar, a sanidade pública” afirmou Castro.

Este xoves 5 de xaneiro recollerán sinaturas en Foz, no Centro de Saúde desde as 10:00, onde neste Nadal a Consellería de Sanidade deixou sen cobertura médica ás veciñas e veciños de Foz, feito que foi denunciado polo BNG respondendo o Sergas con total improvisación inventándose unha quenda de media xornada sen anuncio público nin coñecerse o horario desa prestación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...