InicioMovementos SociaisNace o Foro Social da Mariña para o debate das necesidades sociais...

Nace o Foro Social da Mariña para o debate das necesidades sociais na comarca

Publicada o

- Advertisement -

O Foro Social da Mariña quere ser un lugar de encontro, de intercambio de experiencias e de debate sobre as necesidades sociais. É unha entidade cívica que traballa a prol dos valores democráticos e dos dereitos sociais.

A asociación constituíuse o 25 de novembro de 2022 e ficou inscrita no rexistro de asociacións o 15 de decembro. A partir desta data comezan as reunións e encontros destinados a programar actividades e actos acordes aos seus fins.

A directiva a integran desde o 25 de novembro as seguintes persoas: Xusto Fernández Haro (Presidente), Isabel Vilalba Seivane (Vicepresidenta), Manuel Parga Núñez (Secretario), Xosé Luís Fernández Rivera (Tesoureiro), e Carlos Nuevo Cal, Xosé Lois López Rábade, Antonio Villarino Rego e Xoel Geada Geada como vogais. Na actualidade integran o Foro unhas 50 persoas con presenza en distintas localidades da comarca e non temos local propio.

Os obxectivos do Foro son:

– A defensa e promoción dos valores democráticos, das liberdades e dereitos individuais e colectivos.

– Colaborar e/ou coordinar a realización de actividades con outras entidades e colectivos en materia de memoria histórica, igualdade de xénero, pacifismo, ecoloxismo, antirracismo, multiculturalismo,etc.

– Defensa e promoción dos dereitos humanos e dunha ética da tolerancia.

Para levar a cabo os seus fins, o Foro poderá organizar as seguintes actividades:

– Charlas, conferencias, xornadas, seminarios e obradoiros.

– Homenaxes e recoñecementos a persoas ou entidades.

– Elaboración de materiais e publicacións.

– Creación de páxina web, de espazos de convivencia, etc.

Neste momento organizamos para o 15 de xuño, no CENIMA de Foz, unha mesa redonda sobre Servizos Sociais: dereito ou negocio? e estamos preparando para o mes de xullo outras dúas mesas redondas.

A problemática a que nos enfrontamos ven derivada do avance da extrema dereita como fenómeno global totalitario, que pon en perigo o sistema democrático e a súa necesaria profundización e os dereitos sociais conqueridos. Nós pretendemos enfrontar esta problemática desde a acción socio – cultural; en coordinación con outras entidades e colectivos.

Utilizamos as infraestruturas públicas para as nosas actividades e a medida que vaiamos implementando unha programación máis elaborada e ambiciosa é posible que precisemos dun maior apoio. É unha cuestión a valorar no seu momento.

Estamos nunha fase inicial na que é importante a incorporación activa de máis efectivos ao Foro e de irmos consolidando unha dinámica de traballo aberta e participativa, desde a pluralidade e a horizontalidade. Coa asociación queremos conseguir a complicidade e apoio das xentes da Mariña nos obxectivos enunciados e actuar como un punto de encontro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...