O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, trasladou o seu apoio aos procesados polas mobilizacións de Tubacex, en Euskadi. Segundo lembra nun comunicado, en 2021, no marco dunha folga contra os despedimentos expostos pola empresa, producíronse varios incidentes con axentes da Ertzaintza.
Nun comunicado, o comité lembra que varios traballadores e veciños foron procesados e pídense 20 anos de cárcere para sete deles. Xa houbo, agregan, un xuízo cunha traballadora absolta e un condenado a seis meses. O próximo 18 de setembro indica o comité que hai un novo xuízo contra varios veciños e que en outubro está datado outro.
O comité de Alcoa traslada a súa solidariedade cos procesados e rexeita as condenas. “Somos conscientes de que estas actuacións teñen o obxectivo de criminalizar a loita obreira e romper a solidariedade”, culmina.