Os xubilados da Mariña continúan a loita por unhas pensións dignas

Os colectivos de Mondoñedo, Ribadeo, Lourenzá e Barreiros reuníronse diante do consistorio barreirense

Concentración en Barreiros. AXM

Os xubilados da Mariña Lucense continúan a reclamar pensións dignas. Barreiros acolleu este venres unha concentración na que participaron membros dos colectivos de Ribadeo, Mondoñedo, Lourenzá e do municipio barreirense.

Os pensionistas felicitáronse pola suba do 1,6% da prestación ratificada polo Goberno central a finais do pasado mes de decembro, aínda que aseguran que “non hai indicios de que se queira derrogar a reforma das pensións nin a reforma laboral“.

“Seguimos agardando polo anunciado mecanismo de revalorización, e que sexa establecido con xutiza e atendendo ás nosas reivindicacións”.

O SÁBADO, NOVA PROTESTA

A seguinte convocatoria será este sábado, ás 12.00 horas, diante do consistorio de Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here