A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña ubicarase este martes no Hospital Público da Mariña para axudar con reclamacións en relación cos servizos sanitarios.
A unidade móbil de axuda coas reclamacións (Umar) informará aos usuarios, profesionais e colectivos de todo o que precisen en materia de tempos de agarda, derivacións e calquera outra dúbida que teñan. Tamén prestarán axuda na redacción e presentación e rexistro de reclamacións.
HORARIO
A mesa de asesoramento ubicarase na entrada principal de 11.00 a 13.00 horas.