InicioMovementos SociaisDenuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

Publicada o

- Advertisement -

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía dos tres especialistas.

Unha vez máis, a causa é a nefasta xestión desta dirección, provocando traslados e ingresos de pacientes da Mariña ao HULA por falta de especialistas, a máis de 100 Km, e arrastrando con eles as súas familias”, denuncian.

DATOS E CONSECUENCIAS

Dende CIG Saúde A Mariña explican que “cun só un cardiólogo é imposible atender a consulta diaria, os ingresos na planta, ou atender urxencias”, polo que:

1. O Hospital da Mariña só asumirá 4 pacientes ingresados de cardioloxía, a partir de aí son trasladados e ingresados no HULA.

2. Os pacientes cun episodio cardiovascular agudo e que precisan dun cateterismo, derívanse a Hemodinámica no HULA e xa quedan ingresados en Lugo por falta de especialistas na Mariña.

3. Aumento das listas de espera para a realización de probas diagnósticas, en consultas de revisión imprescindibles, en primeiras consultas para diagnosticar.

URXE RESCATAR A SANIDADE PÚBLICA

Desde a CIG-Saúde trasladan que as políticas sanitarias do Partido Popular polo que “atopámonos con menos e peores servizos, máis derivacións e ingresos no HULA de pacientes da Mariña, máis listas de agarda e a imposibilidade de garantir una sanidade digna e de proximidade aos mariñaos e mariñás”, sinalan.

Para a sindicato nacionalista galego “é fundamental rescatar a sanidade pública galega para garantir un servizo básico de calidade e proximidade”, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...

Rescatan unha muller que caeu por un cantil en Foz

Efectivos dos Bombeiros de Barreiros rescataron na tarde deste xoves unha muller que caeu...