A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña volverá a Burela este martes para axudar coas reclamacións.
A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións (UMAR) ubicarase na entrada principal do centro de saúde burelés de 11.00 a 13.00 horas.
A plataforma sanitaria lembra que a unidade está para informar a usuarios, profesionais e colectivos de todo o que precisen en materia de tempos de agarda, derivacións ou calquera outra dúbida que desexen formular.
Tamén prestará axuda na redacción, presentación e rexistro de reclamacións por déficits nos servizos sanitarios.