InicioMovementos SociaisA plataforma sanitaria fletará autobuses para a manifestación do 10 de febreiro...

A plataforma sanitaria fletará autobuses para a manifestación do 10 de febreiro en Compostela

O prazo límite de reserva para acudir á protesta, que reclamará melloras en atención primaria e a recuperación das áreas sanitarias, será o 6 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña fletará autobuses para acudir á manifestación en defensa dos servizos sanitarios o vindeiro 10 de febreiro en Santiago de Compostela.

A mobilización sairá da Alameda ás 12.00 horas e tras percorrer diversas rúas de Compostela, rematará na Praza da Quintana. SOS Galicia, colectivo que aglutina a todas as plataformas pola sanidade pública da comunidade, convoca a protesta.

Desde a plataforma sanitaria animan á veciñanza da Mariña Lucense a “acudir de forma multitudinaria a esta convocatoria”.

Segundo a plataforma, SOS Galicia esixirá á Xunta de Galicia “a eliminación dos recortes, rematar coa situación marxinal da Atención Primaria, a recuperación das áreas sanitarias roubadas, a dotación axeitada dos PAC e urxencias hospitalarias, e a recuperación de todos os servizos perdidos”. 

O colectivo insiste en que “para esta comarca é vital a recuperación da nosa área sanitaria, espoliada polo Goberno autonómico do PP de forma despótica ao non querer escoitar a profesionais, axentes sociais, veciñas e veciños nen aos grupos da oposición“, sinala Víctor Vila, voceiro do colectivo.

RESERVAS

Os interesados en reservar unha praza poden facelo nos teléfonos 667.052.058, 982.58.18.61, 982.14.06.54 (de 10.00 a 14.00 horas) e 982.56.10.01. O último día para reservar plaza será o mércores 6 de febreiro, ás 14.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...