InicioMovementos SociaisA loita dos pensionistas, en cifras: 3,46 millóns gañados na Mariña "polas...

A loita dos pensionistas, en cifras: 3,46 millóns gañados na Mariña “polas mobilizacións sociais”

Modepen calcula que os xubilados de Ribadeo recibirán 440.000 euros máis do previsto polo Goberno central en 2017

Publicada o

- Advertisement -

O grupo Modepen de Ribadeo calcula que os xubilados da Mariña Lucense gañaron 3,46 millóns de euros trala suba das pensións. No municipio ribadense, o incremento é de “439.458 euros“, que o colectivo atribúe “á mobilización social”.

O colectivo emitiu un comunicado no que elabora os cálculos a partir dos datos achegados pola subdelegación do Goberno, que cifra en 4,1 millóns o incremento das prestacións na bisbarra, e das previsións do Executivo central do Partido Popular en 2013, que se mantivo ata 2017.

Daquela, o Goberno anterior prevía un incremento das pensións do 0,25%, moi por debaixo do 1,6% que condeceu o Executivo actual. De aplicarse o porcentaxe inicial, “o gañado sería en Ribadeo de 81.380 euros, e na Mariña de 640.625. Ao aplicarse o novo incremento, os pensionistas de Ribadeo gañamos 439.458 euros e no conxunto da Mariña 3.459.375”, indican desde Modepen.

Así, no municipio ribadense a contía das pensións incrementouse “nun 641% respecto das previsións iniciais”.

“RELACIÓN CAUSA-EFECTO”

Modepen lembra que no 2017 “os expertos sostiñan que a economía non permitía subas maiores, mentres se baleiraba o Fondo de pensións para financiar aos bancos, ás autoestradas deficitarias e se toleraba un fraude fiscal de miles de millóns”.

A partir dese mesmo ano comezaron as mobilizacións veciñais nas rúas “e a relación causa-efecto entre as protestas e a suba das pensións é tan clara que resulta incrible que haxa quen aínda a discuta”, argumentan desde Modepen, que indica a súa intención de espallar “as mobilizacións pacíficas a outros concellos da Mariña”.

Concentración en Ribadeo. CEDIDA

ESPALLAR AS PROTESTAS

Seguimos cos compañeiros de Mondoñedo, Barreiros, Foz e Lourenzá, pero temos que marcarnos obxectivos mais ambiciosos. Cooperar cos movementos feministas e levar ao conxunto da sociedade a idea de que esta pelexa nos beneficia a todos”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...