Os xubilados da Mariña Lucense seguen a manifestarse polas pensións. Tralo rexeitamento da oposición aos Presupostos Xerais do Estado e a convocatoria de eleccións a nivel estatal para o 28 de abril, os colectivos mariñaos seguen a súa folla de ruta.
Os pensionistas lembran que, dada a inestabilidade política, “non se poideron ver consolidados os mínimos avances que foron froito exclusivamente da nosa loita“.
Así, reuníronse unha semana máis, baixo a premisa de que “non podemos depender da sensibilidade social de cada Goberno, senón de nós mesmos”. Insisten na derrogación das reformas laborais, na aprobación dunha nova lexislación laboral, na equiparación das pensións mínimas co salario mínimo interprofesional, e no recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos.
EN MONDOÑEDO E BARREIROS
Os colectivos de Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá e Ribadeo xuntáronse o pasado venres diante do consistorio barreirense, mentres que o xoves celebrouse a habitual xuntanza mindoniense.