InicioMovementos SociaisA eurodeputada Lídia Senra falará sobre o futuro das pensións en Ribadeo

A eurodeputada Lídia Senra falará sobre o futuro das pensións en Ribadeo

O Cine Teatro acollerá o 9 de marzo a presentación dun libro que recolle textos de expertos de varios países europeos

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá un debate sobre o futuro das pensións o sábado 9 de marzo, que contará coa presenta da eurodeputada galega de Anova Lídia Senra.

Tamén participarán no relatorio, que se celebrará no Cine Teatro ás 18.00 horas, a voceira da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, Victoria Portas, e o economista Xabier Pérez.

O coloquio servirá para presentar o libro ‘O futuro das pensións: Galiza, Estado Español e Europa’.

Durante o acto, organizado polo Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) e o  Sindicato Labrego Galego, repartiranse exemplares do libro, que tamén esta dispoñible en versión dixital.

AS PENSIÓNS EN EUROPA

A publicación recolle textos dunha quincena de expertos, políticos e líderes sindicais de diferentes países europeos, que abordan os retos aos que se enfronta o sistema de protección público.

Ademais de afondar no estado da cuestión en España, os artigos recompilados sitúan o debate no marco europeo coa análise da situación en países como  Portugal, Francia, Grecia, Suecia ou Irlanda, entre outros.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...