Somos Unha Área convoca una manifestación en Viveiro

O colectivo retoma as protestas trala integración do distrito sanitario da bisbarra no de Lugo

Concentración do colectivo Somos Unha Área en Viveiro. AXM

O colectivo Somos unha Área Viveiro convoca unha concentración para o vindeiro mércores, 6 de xuño, ás 20.00 horas diante do consistorio viveirense.

A plataforma acordou continuar as protestas despois da supresión da área sanitaria da Mariña. Segundo o colectivo, esta medida implica “a perda de servizos e especialidades no Hospital da Costa, así como desprazamentos constantes da poboación da bisbarra cara Lugo, nalgúns casos de máis de hora e media de viaxe, para facer probas e operacións”.

“BENEFICIA Á PRIVADA”

A reforma “beneficia á medicina privada”, segundo a plataforma, que asegura que “ a conta de centros como Polusa ou A Nosa Señora dos Ollos Grandes non para de medrar a medida que se reduce a carteira de servizos do hospital”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here