IniciosociedadeRecollen reclamacións en Viveiro pola falta de pediatra e de fisioterapeuta na...

Recollen reclamacións en Viveiro pola falta de pediatra e de fisioterapeuta na quenda de tarde

A plataforma sanitaria da Mariña ubicará a súa mesa informativa no ambulatorio este mércores

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña desprazará a súa unidade móbil de axuda coas reclamacións ao centro de saúde de Viveiro o próximo mércores 20 de marzo, despois de que “veciños e veciñas deste municipio contactaran co colectivo para que a mesa informativa se ubicase no ambulatorio”. O horario será o habitual, de 11.00 a 13.00 horas.

O colectivo cualifica de “grave” e “esperpéntica” a situación do servizo de pediatría, posto que “hai meses que a persoa que tiña que ocupar esa segunda praza está en excedencia e non se substitúe de forma estable e continuada, ficando os concellos de Viveiro, Vicedo e Ourol cun só pediatra”.

Cando o único profesional que atende nestes momentos os tres concellos solicita un permiso, é dicir, cando quedan sen ningún pediatra, o Sergas substitúe con dous médicos de familia en quenda de mañá para atender a demanda, algúns días, e outros días polas tardes para facer revisións, non atendendo neste caso urxencias”.

Parece que non é necesario que se cubra esa vacante que quedou polo traslado da anterior pediatra e que o facultativo que quedou só pode asumir todo o traballo, máis cando este falta, o Sergas ve necesario substituír con dous médicos de familia. Cando menos é sorprendente”, sinala o voceiro do colectivo, Víctor Vila.

FISIOTERAPIA

Outro dos servizos sobre o que a plataforma sanitaria fai fincapé é o de fisioterapia. O colectivo redactará unha reclamación colectiva demandando que se habilite o ximnasio con outro fisioterapeuta en quenda de tarde. As instalacións utilízanse unicamente no horario matinal, o que provoca “listaxes de agarda de até un ano”.

MANIFESTACIÓN O 28

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convocou para o 28 de marzo, xoves, unha manifestación en Burela pola situación da atención primaria e para demandar a recuperación da área sanitaria

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...