Foz e Viveiro acollerán concentracións este mércores tralo crime machista sucedido en Chenlo, no Porriño.
As protestas están previstas para as 20.00 horas. En Viveiro, a sede da concentración será a praza da Fontenova, mentres que en Foz o acto de repulsa celebrarase na praza Conde de Fontao.
Outras quince localidades galegas –O Porriño, Ourense, Lugo, A Coruña, Vigo, Compostela, A Estrada, Ferrol, Pontevedra, Redondela, As Pontes, Ribeira, Monforte, Viana do Bolo e Cangas do Morrazo– acollerán concentracións por este motivo.