Convocada unha protesta en Burela pola posta en liberdade da ‘Manada’

O observatorio feminista impulsa a concentración, ás nove da noite na praza do Concello

Manifestación do 8-M en Burela. OBSERVATORIO

O Observatorio da Mariña pola Igualdade convocou unha concentración este venres, na praza do Concello de Burela, a partir das 21.00 horas, baixo o lema ‘Fronte á violencia machista, loita feminista‘.

Ao longo da tarde sucedéronse as convocatorias por toda a xeografía galega para mostrar o malestar pola decisión da Audiencia Provincial de Navarra de deixar en liberdade provisional aos condenados do grupo coñecido como ‘La Manada‘.

Cartel da convocatoria. AXM

Este xoves haberá protestas en localidades coma Santiago, A Coruña, Pontevedra, Ourense, Ferrol e Lalín, e o venres faranse concentracións en puntos como Cangas do Morrazo, Lugo ou Vigo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here