Burela aglutinará a repulsa da Mariña Lucense ao asasinato machista de Vilalba

O Observatorio cita o martes á sociedade mariñá para reclamar a fin da violencia de xénero despois de que un home matase presuntamente á súa ex muller na vila chairega

O Observatorio da Mariña pola Igualdade nunha mobilización. OMI

A sociedade da Mariña Lucense mostrará a súa repulsa ao asasinato machista de Vilalba con varios actos reivindicativos.

O martes, o feminismo mariñao concentrarase ás 20.30 horas na Praza da Mariña de Burela, segundo anunciou o Observatorio da Mariña Pola Igualdade a través das redes sociais.

A vítima, de 48 anos, faleceu presuntamente polas feridas causadas con arma branca polo seu ex marido, de 50, que posteriormente quitouse a vida aforcándose no garaxe da vivenda da dona.

MINUTO DE SILENCIO EN VIVEIRO

Este luns ao mediodía, o consistorio viveirense fará un minuto de silencio pola muller asasinada na localidade chairega. O Concello de Viveiro fixo este domingo pública a súa condena da violencia de xénero.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here