InicioMovementos SociaisO Agrocuir da Ulloa, referente do recoñecemento das identidades sexuais no rural

O Agrocuir da Ulloa, referente do recoñecemento das identidades sexuais no rural

"O campo era considerado unha especie de armario para o colectivo LGTBIQ, pero xa non é así", sinala un dos organizadores do evento

Publicada o

- Advertisement -

Días atrás, o Concello viveirense presentaba o primeiro festival da diversidade sexual da Mariña Lucense, o Viveiro Con Orgullo, que comezou este domingo coa inauguración dunha exposición e unha charla. O Agrocuir da Ulloa é un referente deste tipo de eventos, que tentan normalizar as distintas identidades sexuais na xeografía galega, neste caso na rural.

“O campo era considerado unha especie de armario para o colectivo LGTBIQ. Pero xa non é así. O Agrocuir trátase de reforzar o sentido comunitario e humano ante o que nos impón o sistema patriarcal imperante“, explica Braulio Vilariño, un dos organizadores do evento.

RACHANDO TABÚS

“Onte mesmo, unha señora achegouse a falar cun rapaz do colectivo”, relata Vilariño, “díxolle que o seu fillo de 16 anos lle acababa de contar que é gai. Veu falar con nós para pedirnos que o apoiaramos, que falaramos con el, co pai… Iso foi unha marabilla!”, conclúe. Silvia López recolleu varios testemuños para realizar unha crónica do Agrocuir que podes ler no LugoXornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...