As reivindicacións do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita volveronse oír este 12 de setembro tamén na Mariña Lucense, no centro de saúde de Viveiro ou no Hospital Público da Mariña. As temporeiras seguen a súa axenda de concentracións para esixir ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que poña fin á precaridade laboral, que ten consecuencias a nivel profesional e persoal para as traballadoras e tamén a nivel de saúde para os pacientes, resaltan.
CONTRA O CONTRATO DE CONTINUIDADE
As obreiras eventuais rexeitan o modelo de contrato de continuidade ofrecido pola Xunta de Galicia, pois dubidan de que vaian mellorar as súas condicións laborais, dado que esixen ás temporeiras “unha escravitude de longa duración“.

“ESCRAVITUDE DE LONGA DURACIÓN”
“Os nomeamentos de continuidade non cubrirán as funcións dunha praza determinada nun
centro sanitario, nin substituirán as funcións dun concreto titular, senón que atenderán as
necesidades de reforzo e acumulación de tarefas que se vaian producindo no ámbito determinado no nomeamento, constituído por varios centros dun mesmo distrito”, expuxeron as Enfermeiras Eventuais en Loita a través dun manifesto.

“DISPOÑIBLES 24 HORAS, 365 DÍAS”
Así, o contrato “non estipula o tempo de antelación” co que o Sergas deberá requerir os seus servizos e o persoal “estará obrigado a atender a cobertura das necesidades que se xeren” no ámbito do nomeamento, tendo que estar deste xeito “dispoñible as 24 horas, os 365 días do ano”.