Viveiro e Ribadeo acollerán protestas polo crime machista da Coruña

A concentracións, este venres, celebraranse na Praza da Fontenova viveirense e na 8 de Marzo ribadense

Concentración en Burela contra a liberdade da 'Manada'. BRAIS

O feminismo galego convocou protestas en doce localidades de Galicia para este venres 20 de xullo, en repulsa ao crime machista que acabou coa vida de María Judite Martins Alves, de 57 anos, degolada polo seu marido na Coruña.

Cartel da convocatoria. AXM

As concentracións na Mariña Lucense serán en Viveiro e Ribadeo. A protesta na cidade do Landro está prevista para as 20.00 horas, na Praza da Fontenova. Na localidade ribadense, as persoas interesadas en manifestarse están convocadas ás 20.30, na Praza 8 de Marzo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here