As mobilizacións polo 8-M na Mariña, en marcha

Os actos reivindicativos polo Día Internacional da Muller estenderanse polos concellos durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo

Xuntanza de Galegas 8-M A Mariña. AXM

A agrupación Galegas 8-M A Mariña celebrou na tarde do pasado martes a súa primeira asemblea comarcal para deseñar o calendario de actuacións e mobilizacións arredor do Día Internacional da Muller.

Segundo informa Galegas 8-M A Mariña, os actos reivindicativos desenvolveranse desde este mércores ao vindeiro 8 de marzo.

A manifestación unitaria convocada polo feminismo galego será o 1 de marzo en Verín, onde a Xunta deu marcha atrás pola presión social á súa decisión inicial de pechar o paridoiro verinés.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here