A Mariña amosa a súa repulsa polos crimes machistas de Lugo e Granada

Viveiro, Ribadeo, Burela, San Cibrao ou Foz acolleron concentracións polas dúas vítimas de violencia de xénero asasinadas nos últimos días

Concentración en Viveiro. AXM

Varias localidades da Mariña Lucense acolleron concentracións en repulsa polos asasinatos machistas dos últimos días, un deles o da lucense Clara María Expósito, veciña das Gándaras supostamente apuñalada pola súa parella sentimental, e o outro o acontecido en Granada, onde un home confesou ter matado á súa ex moza, Ana María Morillas.

En Ribadeo, na Praza 8 de marzo, houbo unha concentración o pasado luns, convocada polo Observatorio da Mariña Pola Igualdade. Ese mesmo día a Praza da Fontenova de Viveiro acolleu outra protesta.

Este martes, a entrada do consistorio de Burela e a Praza dos Campos de San Cibrao, no municipio de Cervo, foron o lugar de encontro de decenas de persoas que amosaron a súa raiba e tristura polas dúas novas vítimas da violencia de xénero.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here