InicioMovementos SociaisO feminismo da Mariña déixase notar na manifestación de Verín, que xuntou...

O feminismo da Mariña déixase notar na manifestación de Verín, que xuntou a 5.000 persoas

Varios autobuses partiron da bisbarra para participar na protesta, que visibilizou o papel das mulleres nos coidados, piar da sociedade

Publicada o

- Advertisement -

O feminismo da Mariña Lucense deixouse notar este domingo na manifestación unitaria convocada por Galegas 8M para reivindicar o papel da muller nos coidados, tantas veces invisibilizados non remunerados, e a importancia na sociedade da atención ás persoas dependentes.

Segundo o colectivo organizador participaron na protesta unhas 5.000 persoas, moitas das cales chegaron en 26 autobuses fletados desde todos os recunchos de Galicia, tamén por suposto da bisbarra. A vila de Verín foi escollida como sé do acto reivindicativo despois da loita social, finalizada con éxito, contra a decisión da Xunta de pechar o paridoiro verinés.

Tamén con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o vindeiro 8 de marzo, o feminismo mariñao prepara unha manifestación en Foz. Podes ler a crónica completa da protesta nesta ligazón do Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...