Os xubilados da Mariña reclaman unha suba das pensións acorde co IPC

Pensionistas de Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá e Ribadeo concentráronse nesta última vila

Concentración dos pensionistas. AXM

Os xubilados da Mariña Lucense volveron este luns ás rúas. Colectivos de pensionistas de Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá e Ribadeo concentráronse nesta última localidade para secundar a convocatoria do Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións (Modepen).

Os pensionistas reclamaron que a prestación suba de acordo ao Índice de Prezos de Consumo (IPC) e lembraron cos seus carteis que  as prestacións “dignas e con poder adquisitivo” son “un dereito“.

CÁLCULO POR PROMEDIO

Os xubilados rexeitan que o importe da pensión se calcule por un promedio entre o salario medio, o IPC e o Produto Interior Bruto (PIB) do país.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here