Os xubilados da Mariña perseveran na súa loita e concentráronse na mañá deste sábado diante do consistorio de Foz para reclamar unhas pensións dignas.
Participaron na concentración colectivos de pensionistas de Mondoñedo, Ribadeo, Lourenzá, Foz ou Barreiros.
CONSIGNAS
Os pensionistas reclamaron que a prestación suba de acordo ao Índice de Prezos de Consumo (IPC) e lembraron cos seus carteis que prestacións “dignas e con poder adquisitivo” son “un dereito“.
“As pensións deféndense goberne quen goberne”, “pensións privadas non, públicas si” ou “non aos recortes” foron outras das consignas que os pensionistas expresaron durante a súa manifestación.