Os xubilados da Mariña concéntranse de novo polas pensións

Xuntáronse en Foz e participaron os colectivos de Mondoñedo, Ribadeo, Lourenzá, Barreiros e mailo local

Concentración dos pensionistas en Foz. AXM

Os xubilados da Mariña perseveran na súa loita e concentráronse na mañá deste sábado diante do consistorio de Foz para reclamar unhas pensións dignas.

Participaron cinco colectivos de pensionistas da bisbarra. AXM

Participaron na concentración colectivos de pensionistas de Mondoñedo, Ribadeo, Lourenzá, Foz ou Barreiros.

CONSIGNAS

Os pensionistas reclamaron que a prestación suba de acordo ao Índice de Prezos de Consumo (IPC) e lembraron cos seus carteis que prestacións “dignas e con poder adquisitivo” son “un dereito“.

“As pensións deféndense goberne quen goberne”, “pensións privadas non, públicas si” ou “non aos recortes” foron outras das consignas que os pensionistas expresaron durante a súa manifestación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here