IniciosociedadeA plataforma sanitaria acusa ao Sergas de dar "datas falsas" a un...

A plataforma sanitaria acusa ao Sergas de dar “datas falsas” a un doente para que non reclamase por unha operación

Un paciente asegura que o servizo de atención "deulle largas" catro veces sobre a súa intervención de menisco

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña asegura que o servizo de atención do Sergas “enganou” a un paciente ao darlle “catro datas falsas” dunha operación de menisco para “evitar que fixese unha reclamación”.

Segundo explica o colectivo, o paciente comezou a sentir dores no xeonllo esquerdo en decembro do 2017. Fixéronselle probas radiolóxicas e unha resonancia, pero os síntomas non remitiron.

En xuño do 2018, o doente padeceu unha rotura do menisco interno desa mesma articulación. Daquela, solicitouse cita en traumatoloxía para unha intervención, cunha asignación de prioridade de nivel dous, ou preferente.

o doente padece unha rotura do menisco interno e a súa intervención ten prioridade dous

Ao continuar as dores, o doente púxose en contacto co servizo de atención ao paciente do Sergas. Entón indicáronlle unha primeira data aproximada” que non se cumpriu.

A plataforma resalta que o paciente acudiu “ata catro veces ao servizo de atención e cada unha delas déronlle un día diferente para que mantivese a boca pechada e non fixese unha reclamación”.

O colectivo redactou así unha reclamación o pasado 23 de outubro, co número de entrada 3.742.

O SERGAS NEGA RETRASOS

O colectivo sanitario critica as “estratexias espúreas” do Sergas e asegura que “se está a incumprir a lei de garantías sanitarias ao superar os 60 días marcados para realizar as intervencións cirúrxicas”, co obxectivo de “facer derivacións aos hospitais privados que teñen de man”.

a plataforma di que se “incumpre a lei” e a xunta responde que a demora media para operacións é “de 40 días”

Fontes do Sergas negaron esta acusación e afirman que “a demora media en casos de prioridade 1 é de seis días, e nos restantes procesos de 40 días”.

As mesmas fontes subliñan que “a programación das intervencións cirúrxicas vén programada por criterios clínicos, en función da gravidade e da prioridade”.

“ATENCIÓN AO DOENTE NON PROGRAMA OPERACIÓNS”

Respecto á denuncia da plataforma, o Sergas limitouse a argumentar que “o servizo de atención ao paciente non programa intervencións e como moito poderá informar de datas orientativas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...