InicioMovementos SociaisOs xubilados da Mariña transmiten ao BNG o seu temor "á privatización...

Os xubilados da Mariña transmiten ao BNG o seu temor “á privatización das pensións”

Os colectivos de pensionistas da bisbarra reuníronse co partido nacionalista para abordar a loita por unhas prestacións dignas

Publicada o

- Advertisement -

A deputada do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, e a coordinadora do partido nacionalista na Mariña Lucense, Ana Ermida, reuníronse con colectivos de xubilados e pensionistas da bisbarra para abordar a situación que atravesan despois de varios meses de actos reivindicativos.

Os pensionistas trasladaron aos representantes do partido nacionalista a preocupación polos “poucos avances” que se levan producido na cuestión das pensións, e o seu temor “ao intento de privatización” das mesmas “por parte das grandes corporacións financeiras que manexan os fondos de investimentos”.

REIVINDICACIÓNS

Os colectivos reunidos e mailo BNG mostráronse a prol da “derogación das reformas laborais”, a raíz das que “se precarizaron as condicións de traballo e os salarios”. Advirten, ademais, de que as pensións en Galicia “son as segundas máis baixas do Estado”.

A pensión mínima igual ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e o recoñecemento da xubilación ordinaria aos 65 anos, así como a supresión do factor de sustentabilidade, son outras das reivindicacións das agrupacións de xubilados mariñás.

Concentración deste venres en Barreiros. AXM

ESTE VENRES, PROTESTA EN BARREIROS

Ao longo dos meses sucedéronse as concentracións en Foz, Barreiros, Ribadeo, Mondoñedo ou Lourenzá. Este mesmo venres houbo unha nova protesta fronte ao consistorio barreirense.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...